Loading...

A neuropsicoloxía é unha rama da ciencia que estuda as bases biolóxicas do comportamento. Defínese como a disciplina que estuda a relación cerebro-comportamento e o seu principal obxectivo é analizar o funcionamento cognitivo e conductual dende un sistema biolóxico, e específicamente,  dende o sistema nervioso central.

Que funcións son avaliadas?

  • Capacidade intelectual.

  • Lectura, escritura e cálculo.

  • Capacidade de atención e rapidez no procesamento da información.

  • Memoria e capacidade para o aprendizaxe.

  • Linguaxe e comunicación.

  • Visuopercepción, visuoconstrución e coordinación motora.

  • Funcionamento executivo (capacidade de planificación e organización, flexibilidade cognitiva, capacidade de inhibición).

  • Conducta e funcionamento emocional.

  • Habilidades sociais.

A quen vai dirixida a intervención?

  • TCE (traumatismo craneoencefálico).

  • ACV (accidente cerebrovascular).

  • Tumores.

  • Anoxia.

  • Patoloxía neurodegenerativa (esclerose múltiple, allzheimer, parkinson, etc.).

  • Trastorno do neurodesenvolvemento (TDAH, PCI, Epilepsia Infantil, TEA, etc.).

  • DCL (insuficiencia cognitiva leve).

  • Trastorno da aprendizaxe (Dislexia, Discalculia, TANV, etc.)

Neuropsicoloxía pediátrica

O obxectivo da neuropsicoloxía pediátrica é diagnosticar e tratar nenos e adolescentes con problemas cognitivos, de comportamento e/ou emocionais que afecten o medio familiar e na aprendizaxe escolar. Está destinado a nenos con idade escolar con dificultades cognitivas ou da aprendizaxe, habilidades sociais ou problemas de comportamento como consecuencia do dano cerebral adquirido ou trastornos do neurodesenvolvemento.

A intervención na neuropsicoloxía pediátrica inclúe avaliación diagnóstica, rehabilitación neuropsicolóxica ou estimulación cognitiva e intervención e asesoramento na escola e na familia.

Neuropsicología pediátrica

Neuropsicoloxía en adultos

A avaliación permítenos detectar, describir e cuantificar alteracións neuropsicolóxicas e funcións preservadas para deseñar un plan terapéutico e monitorizar o funcionamento cognitivo.

A rehabilitación neuropsicolóxica é un proceso activo que axuda ó paciente a optimizar a recuperación das funcións superiores, a comprender mellor as alteracións presentadas e a desenvolver estratexias para compensar estes trastornos. Ten como obxectivo axudar a mellorar os déficits cognitivos, emocionais e de comportamento causados pola patoloxía neurolóxica e axudar ás familias a adaptarse a esta nova situación vital.

Neuropsicología en adultos