METODOLOXÍA
Somos un equipo interdisciplinar que busca axudar e proporcionar ás persoas que o precisan, da funcionalidade e autonomía necesarias para afrontar os retos diarios. Para isto, analizamos as características individuais da persoa e as do seu entorno, traballando en todos os aspectos alterados para crear un equilibrio cognitivo, ocupacional e comunicativo.
Ser un equipo interdisciplinar significa que profesionais de diferentes especialidades contribúen co coñecemento e as habilidades derivadas da súa profesión, complementándose, perseguen e raballan un único obxectivo, alcanzar a máxima funcionalidade e o benestar da persoa en todos os contextos.
FORMA DE TRABALLO
- 1º Entrevista inicial ca persoa e/ou ca familia
-
Recollense datos sobre a problemática, a historia clínica, percepcións familiares e/ou persoais, etc., para poder facer una estructuración da avaliación coherente e eficaz.
- 2º Avaliación
-
Valoración dos puntos fortes e as dificultades desde una visión global ou específica, según o caso.
- 3º Retorno das impresións
-
É necesario terapia? Qué tipo de terapia? Durante cánto tempo? Pronóstico?, etc.
- Proposta de intervención terapéutica (faise un plan de tratamento, especificando obxectivos, estratexias e sistematica)
- 4º Intervención
-
Basada nas características e habilidades captadas na avaliación.
- Directa: coa persoa
- Indirecta: co seu entorno (familia, escola, persoal sanitario, institucións, etc.)
- 5º Seguimento
-
En función da evolución será necesario, ou non, facer un seguimento o rematar a intervención, en forma de sesión terapéuticas espaciadas de maneira progresiva (cada 15 días, cada mes, etc.)
- 6º Alta terapéutica