Loading...

Atención Temperá

Destinado á poboación infantil de 0 a 6 anos, familia e a contorna natural. O desenvolvemento infantil é un proceso complexo e dinámico, onde os primeiros anos de vida constituen unha etapa especialmente crítica para conseguir unha interacción equilibrada co mundo. Nesta etapa, configuranse numerosas habilidades (cognitivas, perceptivas, motoras, lingüísticas, sociais), o que nos conduce a previr, acompañar e  dar resposta o antes posible as necesidades transitorias ou ben permanentes que poidan surxir. Enfocamos a nosa labor, dende o acompañamento e enriquecimento do entorno natural, tanto en bebés prematuros ou neonatos a término, ata o apoio, seguimento e intervención en aspectos da comunicación, linguaxe, fala, aprendizaxe, alimentación, desenvolvemento emocional, cognitivo, social, sensoriomotor e motor ata os 6 anos de vida.

Atención Temprana
Infanto-Juvenil

Infanto-xuvenil

Os obxetivos neste periodo, están enfocados en apoiar a nenos, nenas e/ou adolescentes en idade escolar, con dificultades ou alteracións, ou ben en risco de que aparezan, en diferentes aspectos do seu desenvolvemento (comunicación e linguaxe, habilidades cognitivas, equilibrio sensoriomotor, aprendizaxe, alimentación, desenvolvemento emocional, social, familiar, etc.). Sendo imprescindible o empoderamento familiar a través da información, así como o apoio e a coordinación con todo o entorno (familia, colexio, etc.).

Adultos

A atención en adultos, encamínase a detectar e axudar a solventar ou compensar as dificultades ou alteracións nas diferentes áreas de actuación (comunicación, capacidade cognitiva, motricidade, alimentación, actividades da vida diaria, etc.), que poidan derivar de trastornos do neurodesenvolvemento con secuelas na idade adulta, de dano cerebral adquirido (ictus, traumatismos, anoxia, etc.), de patoloxías neurolóxicas ou neurodexenerativas. Así como, apoio, acompañamento e asesoramento persoal e/ou familiar nas áreas de alimentación, comunicación ou saúde emocional, entre outras.

Adultos