A logopedia é unha rama de saúde que se centra na prevención, avaliación e intervención en dificultades ou alteracións na linguaxe, fala, voz e/ou deglución. Nos centrámonos especialmente nas alteracións ou dificultades da linguaxe, fala e/ou deglución.
Qué funcións evalúa?
- Linguaxe
- Fala
- Comunicación
- Deglución
- Respiración
A quen vai dirixida a intervención?
- Alteracións do neurodesenvolvemento
- Disfuncións orofaciais
- Retrasos no desenvolvemento na linguaxe o una fala
- Difiucltades na aprendizaxe da lectoescritura
- Dano Cerebral Adquirido (por TCE, ACV, etc.)
- Patoloxía neurodexenerativa
Atención Temperá
Destinado a nenos de 0 a 6 anos de idade, súa familia e súa contorna. O desenvolvemento do neno é un proceso complexo e dinámico, onde os primeiros anos de vida constitúen unha etapa particularmente crítica, xa que para lograr unha interacción equilibrada co mundo, configúranse un amplio número de destrezas (cognitivas, perceptivas, motoras, lingüísticas e sociais) . O obxectivo da AT é responder o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes dos nenos con alteracións no desenvolvemento da linguaxe, a comunicación, a fala, a deglución ou en risco de padecélas, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía.

Infanto – xuvenil
O obxectivo é axudar aos nenos e adolescentes de idade escolar, con dificultades ou alteracións na linguaxe (oral/escrita), fala e/ou funcións orofaciais que afecten ou poidan facelo, no seu entorno persoal, familiar, escolar e social. Por exemplo: dislalias, disglosias, dificultades de aprendizaxe, dislexia, deglucións disfuncionais, TEL, TEA, etc.

Adultos
A avaliación destínase a coñecer aspectos relevantes da linguaxe, comunicación, deglución e a área miofuncional das alteracións derivadas de patoloxía neurolóxica. Por exemplo: afasia, disartria, disfagia, disfemias neuroxénicas, parálise facial, etc.
